Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos da infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos da infancia. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de novembro de 2014

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Desde a biblioteca sumámonos á celebración do "Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas" que terá lugar esta semana. Unha xornada idónea para que reflexionemos sobre os problemas da infancia e promocionar os seus dereitos.

O 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba a "Declaración Universal dos Dereitos do Neno" considerando que a infancia pola súa falta de madurez física e mental, precisa de protección e cuidados especiais. 




Entre outros están o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir unha boa educación, a poder xogar e non ser abandonado/a nin maltratado/a, a ter unha familia...






Se queredes saber un pouco máis en que consisten  os dereitos dos nenos e nenas poñede atención ao neno que o sabe todo !! 






Ou se preferides cun pouco de música...