martes, 21 de abril de 2020

A Editorial Palabras Aladas regálanos o libro "Amar"

Seguramente a maioría de vós xa sabe que o xoves día 23 de abril é o día do libro... Esta é a semana do libro...

E falando de libros e emocións, unha das ideas centrais do noso proxecto deste ano, Candeanina, hoxe, quere recomendarvos o libro "Amar" da editorial  Palabras Aladas.

Se vos parece, lede, primeiro, esta recomendación que nos fan as persoas que fixeron e editaron o libro:

"Lo ideal es leer sólo una página cada vez que os juntéis a compartirlo, porque lo más valioso de este libro no es su contenido, sino lo que ocurre tras cerrarlo: las conversaciones que afloran. En ellas, de manera natural, se comparten experiencias vinculadas al concepto leído, surgen ideas para mejorar la convivencia…"

Recordade, tamén, como sempre vos di Candeanina: ollar e ver os libros por Internet acompañados polos vosos pais, nais ou familiares cos que estedes convivindo nas vosas cosas... De feito, xa sabes, Candenina queda en casa, nós quedamos en casa, mais todos e todas seguimos lendo!

Dende aquí podedes acceder ao lugar onde se descarga o libro... Ou se preferides pulsar sobre a imaxe da capa do libro...


(Idades recomendadas: de 6 a 99 anos)

Alen desta marabilla de libro a Editorial Palabras Amadas tamén ven de subir a súa páxina unha serie de actividades para desfrutar, se cabe, todavía máis do libro... Podedes acceder aos links na seguinte páxina! Ou directamente acceder desde estes enlaces: