Amosando publicacións coa etiqueta Familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Familias. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2020

Comezamos o ano con máis conta contos das familias de Educación Infantil!

Foi a quenda de Yoli, a nai de Iker, que na Candeanina Libroteca contoulle un conto ao alumnando de 5º e 6º de Educación Infanil...



luns, 27 de maio de 2019

Enquisa sobre a biblioteca para as familias


Queremos coñecer a vosa opinión sobre as actividades que desenvolvemos na biblioteca, polo que vos pedimos  uns minutiños para que cubrades esta enquisa. As vosas suxestións son importantes e axudaranos a mellorar o noso  labor.



Moitas grazas pola vosa colaboración.



luns, 20 de maio de 2019

Contacontos en familia

Xa estamos remantando os contacontos en familia. Esta vez viu Hugo, o papá de Luz que nos contou dous contos:












Moitas grazas Hugo por este ratiño tan estupendo!


luns, 18 de febreiro de 2019

Un dragón en el jardín

Un dragón en el jardín foi o conto que hai uns días nos contou Paula, a mamá de Sofía, na biblioteca.


O dragón comía os libros da biblioteca, pero por sorte,  estaba alí a maruxiña Antoñita para por fin a situación e amosarlle que os libros sentan mellor se os lee!
 

 Moitas grazas Paula
 por amosarnos este conto tan chulo!

 

xoves, 10 de xaneiro de 2019

El trompetazo de Onci

Comezamos o ano presentándoos esta marabillosa obra de arte "El trompetazo de Onci".


Os seu autores son Breixo,  o seu papá Fran e a súa mamá Ana










Ademais realizaron este vídeo para que vexades o proceso de creación.

Música: Fantasía das palabras de Mani e Papi

Parabéns familia!

mércores, 19 de decembro de 2018

Exposición dedicada a Candeanina

Cando comezamos o PDI Mans á obra, queríamos que as familias estivésedes con nós desde o primeiro momento, porque como sabedes, nesta escola pintamos todas e todos. Por esa razón, propuxemos que en familia, nos achegárades a vosa visión de Candeanina.





E, como non podía ser doutro xeito, chegaron unha chea de obras de arte inspiradas en Candeanina.




Así que nos puxemos mans á obra e coa colaboración do alumnado axudante de biblioteca comezamos a organizar a exposición Candeanina, a nosa musa.

Precisabamos etiquetar os cadros, darlle título e nomear a técnica. Axudamos na tarefa ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria.




O alumnado de educación infantil encargouse de realizar o cartel para a expo.


Despois, dunha pequena investigación sobre a diferencia entre un museo e unha galería de arte; exposición permanente e temporal; cartelería e información que a acompaña... fixemos  

 o díptico




a invitación ás familias



e montamos a exposición


Botounos unha man Jose Luís, o conserxe
grazas!







Grazas tamén ás familias por colaborar con nós
 e ser parte deste proxecto!

E inauguramos cos máis pequenos e pequenas do cole...






mércores, 12 de decembro de 2018

La ovejita que vino a cenar

La ovejita que vino a cenar e o conto que Iker e a súa mamá Yoli viñeron a contar a biblioteca hai uns días...




e que moito nos gustou





Moitas grazas Yoli e Iker
 por este momento tan estupendo!

martes, 20 de novembro de 2018

COCORICO

Hoxe estivo na biblioteca Eva a mamá de Gael e Nerea para contarnos dous contos que nos gustan moito.


Cocorico


 
¡Vale, buenas noches!



Moitísimas grazas Eva por este momento tan especial!


luns, 19 de novembro de 2018

UN CONTO DE MONSTROS

Un conto de monstros foi o que nos contaron Breixo e o seu papá Fran. Un conto fantástico que crearon xuntos para o contacontos da biblioteca.



 E que ademais acompañaron cun pau de chuvia 



e unha caixa de resonacia que fixo Fran.








Moitas grazas chicos, gustounos moitísmo o voso conto 
e como nolo contastes!

venres, 9 de novembro de 2018

OS BOLECHAS FAN UNHA BANDA

A quen non lle gusta a música? A nós moito, igual que esta historia de Os Bolechas que nos contou Diana e a súa mamá Lurdes.






 
Moitas grazas chicas
 por esta sesión tan divertida de contacontos!

martes, 30 de outubro de 2018

El caballo valiente

Hai uns días Paula, a mamá de Nico, Paula e Manuela, viu a biblioteca para contarnos "El caballo valiente", un precioso conto que elaboraron xuntos en familia.



 Moitas gracias Paula,
e parabéns familia!
 

venres, 26 de outubro de 2018

¡Vale, buenas noches!

Nerea e o seu papá Rubén contáronnos ¡ Vale, buenas noches! un conto moi divertido que narra a historia dun Oso que está moi cansado e quere durmir, pero non pode, porque o seu veciño o Pato non ten nada de sono e  insiste en xogar con el.






Moitas grazas Nerea e Rubén  
por amosarnos este conto tan estupendo!







martes, 9 de outubro de 2018

Frida Kahlo

Grazas a Graciela, a mamá de Cloe e Breixo, coñecimos á pintora Frida Kahlo. Esta mañá, na biblioteca, contounos Pequeña y grande Frida Kahlo, unha biografía para os máis pequenos e pequena, da editorial Alba.




Moitas grazas Graciela, 
por facer este ratiño tan especial!




martes, 13 de marzo de 2018

La bruja Brunilda

Daniela e a súa mamá Aida elixiron un conto divertidísimo para a sesión de contacontos, La bruja Brunilda, de Valerie Thomas con ilustracións Korky Paul.




Moitas grazas chicas, pasámolo xenial!


mércores, 24 de xaneiro de 2018

A que sabe a Lúa?

De novo sesión de contacontos, desta vez foron Martín e o seu papá Carlos os que nos contaron A que sabe a Lúa?,
un marabilloso libro de Michael Grejniec


" Un libro tan redondo e saboroso como a lúa chea. Os animais da selva mostrarannos que as cousas compartidas sempre saben moito mellor."


Moitísimas grazas chicos!



martes, 9 de xaneiro de 2018

O COELLIÑO BRANCO

Lurdes, a mamá de Diana e Jose veu á biblioteca para contarnos O coelliño branco.



 Foi unha sesión estupenda como podedes ver neste vídeo. 




Moitas grazas Lourdes pola visita e por contarnos este conto tan estupendo!

luns, 13 de novembro de 2017

LOS SIETE CABRITILLOS

O pasado mércores o papá de Carla González estivo na biblioteca e contounos Los siete cabritillos.




Moitas grazas Jacobo pola visita e por compartir con nós a lectura dun conto clásico!

xoves, 26 de outubro de 2017

DOBLE ALBOROTO

Nuria, a mamá de Naia e Lía estivo na nosa biblioteca e contounos Doble alboroto con Minnie de protagonista.

 





Moitas grazas Nuria pola túa colaboración!

martes, 24 de outubro de 2017

RODRIBICO APRENDE A VOAR

Comezamos cos Contacontos en infantil. Sergio, o papá de Xián de 4º de Educación Infantil contounos Rodribico aprende a voar de Manuel Guisande e Xosé Tomás.





Moitas grazas Sergio!