Amosando publicacións coa etiqueta PDI Oído cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Oído cociña. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de xuño de 2017

FEIRA GASTRONÓMICA 2017

O pasado martes celebramos o final do noso PDI Oído Cociña cunha feira gastronómica á que estuvieron convidadas as familias. O alumnado tivo a oportunidade de expoñer o que aprendeu, de convidar á degustación das súas receitas e as máis atrevidas e atrevidos de cociñar en directo.





Os pinchos de Pepe



O alumnado de 4º de educación infantil, que traballou a pirámide dos alimentos durante o curso, agasallounos cuns deliciosos canapés de xamón e queixo elaborados por eles. 


2016 Ano Internacional dos Legumes





O Ano Internacional dos Legumes foi un dos proxectos traballados polo alumnado de 5º e 6º de educación infantil este curso. Para a feira elaboraron hummus, unha ensalada con fabas da nosa Horta, e fabas con xamón que cociñaron momento!





A compota sen pota


O alumnado de 1º e 2º de primaria rematou a  seu traballo de investigación sobre a mazá coa elaboración dunha compota.




A volta ao mundo en receitas




Despois de traballar ao longo do curso diferentes receitas do mundo, o alumnado de 3º e 4º de primaria decidiu elaborar guacamole para a ocasión. 




Aceites con aromáticas da horta, sal de cítricos e sal de herbas provenzais , vichyssoise e chícharos con xamón



Todo isto é o que preparou o alumnado de 5º e 6º de primaria. Utilizaron produtos da nosa horta: romeu, ourego, tomiño, albácega, allo, loureiro, tomate e limón. Os chícharos, tamén da horta, os cociñaron con xamón no momento.


Moitas grazas familias,
 por formar parte do noso proxecto!

Aquí podedes ver un pouco máis como foi a feira gastronómica.




FEIRA GASTRONÓMICA by Slidely Slideshow

xoves, 8 de xuño de 2017

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

O pasado lunes estivo na escola Iago López, o autor do conto O cociñeiro Martiño






E pasámolo realmente xenial...



Visita Iago López by Slidely Slideshow



Moitas grazas Iago pola túa visita!!




mércores, 31 de maio de 2017

OBRADOIRO CHOCOLETAS

Hai unhas semanas o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou un obradoiro de "chocoletas". Con elas quixeron agradecer a visita á nosa biblioteca ás rapazas e rapaces do IES Carlos Casares e as súas profes, a Ledicia Costas e a Jacobo Fernández nos encontros que tivemos con eles.









chocoletas by Slidely Slideshow

luns, 15 de maio de 2017

O GUSTO

O pasado luns a profe Isabel trasladou o obradoiro de educación infantil da estimulación da linguaxe a nosa biblioteca. Probamos diferentes alimentos e descubrimos en que parte da lingua detectamos o sabor doce, o salgado, o acedo e o amargo.



O GUSTO by Slidely Slideshow

FOI UN GUSTAZO!

venres, 28 de abril de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: NEREA E NOELIA

Rematamos á semana cun doce, flores de mazá, unha receita que elaboraron Noelia e Nerea e que podedes ver neste vídeo que nos enviou a súa familia.


 

mércores, 26 de abril de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este ano, quixemos celebrar o Día do Libro cunha pequena homenaxe  a Agustín Fernández Paz lembrando estas fermosas palabras que recollimos do seu Manifesto para o Día da Biblioteca, e que nos guía o camiño ata a biblioteca.



Comenzamos a celebración cun aperitivo. Coa axuda de Jose, o papá de Martín de 2º de primaria, preparamos una pizza e aprendimos moitas palabras en italiano xa que a súa familia procede do sur de Italia.
.


Receita pizza by Slidely Slideshow


Candeanina non puido estar na celebración, pero enviounos esta mensaxe desde o hospital.





Candeanina xa leva tempo con nós, na nosa biblioteca descubriu hai anos a maxia dos libros e neste día quixemos recuperar a súa historia para que a coñezades todas e todos.


                 



Grazas ao traballo de todas as nenas e nenos do cole, Candeanina viaxou polo mundo. México, China, Italia, Venezuela, Francia e Suiza foron os países escollidos polo alumnado. Coa súa exposición aprendimos onde se atopan,  como se elaboran as receitas típicas deses países e algunha que outra curiosidade.
 




Día do libro 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker



Para rematar, e como sorpresa, visionamos
 Cociñando en familia.





Moitísimas grazas ás familias por colaborar con nós neste proxecto!!

mércores, 19 de abril de 2017

mércores, 5 de abril de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: PIZZA DE ARIANA

A familia de Ariana de 4º de educación infantil enviounos esta receita de Pizza.

 

martes, 4 de abril de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: LUCAS E SOFÍA

A familia de Lucas e Sofía Martínez envíanos estas deliciosas receitas.

Bolachas da sorte




Magdalenas





Pan de pipas


domingo, 2 de abril de 2017

LABORATORIO COCIÑA


Rematamos o mes de marzo experimentando na cociña. 




As alumnas e alumnos axundantes de biblioteca colaboraron na elaboración dos carteis.




Sacamos os nosos instrumentos de laboratorio...



E por suposto, os nosos libros de ciencia e experimentos...





O noso mentor, o profe Santi, foi quen levou a cabo os experimentos con todo o alumnado do centro.

Con arroz e un coitelo...e non cae!



Pasámolo en grande!


ARCO DA VELLA


                 EXPERIMENTA COCIÑA by Slidely Slideshow








A auga tampouco cae do vaso!


Experimentos by Slidely Slideshow


Arco da vella



LÁMPADA DE LAVA



Experimento lámpara de lava by Slidely Slideshow




CON FARIÑA E AUGA
(Fluído "non newtoniano")


Experimentos con fariña e auga by Slidely Slideshow



COCIÑANDO EN FAMILIA: ESPAGUETIS

Se aínda non fixestes a comida podedes probar con esta receita de espaguettis con salsiccia que nos envía a familia de Elías Troska de 6º de primaria.

sábado, 1 de abril de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: TORRIJAS

A familia de Lucía de 2º de primaria envíanos unha receita de "Torrijas" aproveitando o pan duro.
:



xoves, 30 de marzo de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: TORTA DE CEBOLA

Silas de 3º de primara e a súa familia envíannos esta receita de Torta de cebola Zwiebelkuches (quiche de cebola).


venres, 24 de marzo de 2017

COCIÑANDO EN FAMILIA: TORTA BRETONA

Lucía e Candela de 2º de primaria enviáronnos un estupendo vídeo onde nos amosan como se elabora unha Torta bretona "sinxela e nutritiva". 

 

venres, 10 de marzo de 2017

GALARDÓNS ESTRELA CANDEANINA

O alumnado 5º e 6º de Infantil xa recibiu o galardón Estrela Candeanina pola súa participación no 1º Preguntoiro científico.







Parabéns tamén ao alumando de 1º e 2º de Primaria
polo galardón!!




mércores, 1 de marzo de 2017

2º PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Aí vai o Preguntoiro Científico do mes de marzo!



Para o alumnado de educación infantil:

Por que se derrete a manteiga?



Para o alumnado de Primaria:

Por que endurecen os ovos cando se ferven?




Veña, tedes un mes a partir de hoxe mesmo.

Animádevos!



luns, 20 de febreiro de 2017

COCIÑANDO CON QUIQUE

A semana pasada estivo no cole o "chef" Quique González, un cociñeiro con experiencia en diferentes restaurantes de renome da cidade que ademais de ensinarnos a cociñar diferentes pratos, resolveunos moitas dúbidas e contaxiounos o seu amor pola cociña.




Escoitamos con atención todos os seus consellos e indicacións para cociñar e xunto con Laura, a súa asistente persoal, elaboramos os pratos que nos propuso.


Foi un gran traballo en equipo onde aprendimos moitísimo. 


O luns 13 de febreiro cociñamos...

 "Natillas de chocolate"
con 1º e 2º de Primaria











Receita natillas chocolate by Slidely Slideshow





"Librillos de lomo"
con 5º e 6º de primaria









Receita "Libritos de lomo" by Slidely Slideshow


O martes 14 de febreiro cociñamos...

"Boliñas de melón con xamón"
Nenas e nenos de 3 anos






Receita "Boliñas de melón con xamón" by Slidely Slideshow



O mércores 15 de febreiro cociñamos...

"Canapés de queixo con xamón e noces"
Nenas e nenos de 4 e 5 anos










Receita "Canapés" by Slidely Slideshow




"Ovos recheos" 
3º e 4º de Primaria








Receita "Ovos recheos" by Slidely Slideshow


Moitísima grazas a Quique e a Laura
Foi unha experiencia inesquecible!

sábado, 11 de febreiro de 2017

VISITA AO MERCADO

O pasado mércores saímos ao Mercado As Travesas. Un día estupendo onde nos ensinaron un montón de cousas.




Visita Mercado Travesas by Slidely Slideshow


Grazas a todo o persoal do mercado 
pola súa amabilidade!! 

martes, 7 de febreiro de 2017

PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Ola, pequenos investigadores e investigadoras!
Neste mes de febreiro comezamos o noso Preguntoiro Científico, onde vos propoñeremos cuestións que debedes resolver en familia de maneira voluntaria. Haberá unha pregunta para  o alumnado de infantil e outra para o alumnado de primaria. Serán mensuais e as podedes ver na corcheira da entrada da escola e no blog da biblioteca. 






As fichas onde cubriredes a información estarán á vosa disposición na “cociña” que temos na planta baixa do colexio. As respostas as meteredes na pota . Tedes de prazo máximo un mes a partir do día en que apareza pregunta na corcheira.


 

É importante que lembredes estes consellos:


Leer más publicaciones en Calaméo


Veña animádemos, 
esperamos as cosas resposas!

luns, 6 de febreiro de 2017

QUÉROTE MÁIS

Na semana da Paz e a Convivencia Escolar sacamos dos andeis da biblioteca  os libros que tiñamos que falan da paz, da convivencia, do respecto, dos valores, das emociónssentimientos; libros para coñecérmonos mellor e para collecer mellor e respectar as personas que nos rodean...Todos eles foron para a cociña e durante estes días démoslles un pouco máis de uso. 


Nuns días estarán de novo nos andeis da biblioteca, para que sigades coñecéndoos un pouco máis...




QUÉROTE MÁIS by Slidely Slideshow


Tamén quixemos descubrir sensacións e mensaxes   agochadas nos botes da nosa cociña. Mensaxes de paz para as compañeirascompañeros que cada aula escribiu nun papeliño e agochou no seu bote. Uns botes de cociña con ingredientes que, ao tocalos,  facíannos sentir diferentes sensacións...