xoves, 23 de abril de 2020

23 de abril: Festa do Día do Libro. Recomendación de libros, a relaxación, a respiración, o ioga e o "Saúdo ao sol" e moitas máis cousas para pasalo xenial!



Hoxe é o día do libro... Que mellor ocasión ocasión para continuar pondo en práctica algúns lemas do noso curso 2019/2020: seguimos na procura da felicidade!

Despois de ver este vídeo Candeanina o ten decidio: de querer seguir practicando niso que vimos a dicir de "Mens sana in corpore sano" ten de facer algo de ioga...

Gracias a familia de Lucas e de Sofía por compartir este vídeo con nós e mostranos este "saúdo ao sol" tan cargado de enerxías positivas... Qué mellor forma de empezar o noso día do libro! Moitas grazas a Lucas e a Sofía, e a súa familia, por un vídeo tan xenial!







Deixámosvos tamén un enlace sobre ioga para nenos e para nenas: por se alguén se anima!








E máis información sobre o ioga e a súa historia para ler nese libro dixital inmeso chamado Galipedia:




Para seguir coa celebración do noso día do libro queremos deixarvos un saúdo, unhas palabras dende a súa casa e unhas recomendacións lectoras de alguén que coñecedes todas e todos moi ben...










Este é un dos libros dos que nos fala: Respira: podedes ler un fragmento, dispoñible na páxina da propia editorial premendo sobre a imaxe!




Deixámosvos tamén un pequeno vídeo sobre o libro:



A continuación deixamos un link para a editorial y para un vídeo conto doutro dos libros dos que nos fala a profe Cris: "La rabieta de Julieta"!







  Deixamos tamén por aqui o último vídeo que nos recomenda a nosa profe Cris:


Antes de terminar aínda nos queda a última pequena sorpresa de hoxe... Outra profe contanos un pequeno conto, ben bonitiño, para recomendarnos outros contos...




Antes de terminar queremos deixar este vídeo coa adaptación do "Monstro das cores", un dos contos dos que nos fala Goreti, e o coronavirus... As emocións son, hoxe, aínda máis importantes que nunca!








 Se alguén se anima a facer algún outro vídeo dende a súa casa con algún momento que teña que ver co proxecto educativo deste ano ("Mens sana in copore sano") ou calquer persoa da comunidade educativa (alumnado, familias, profes...) quere enviarnos as súas suxestións lectoras a través dunha grabación de vídeo o podería compartir a través do noso correo: candeaninalibroteca@gmail.com