Este curso, para comenzar ben, elaboramos a nos guía de usuarios da biblioteca, a traballamos nas sesións de formación de usuarios a partir de terceiro de primaria
https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:56ae7bf5-f1f4-45de-a475-251c786327da
Bitácora da Biblioteca do CEIP Igrexa-Candeán
Este curso, para comenzar ben, elaboramos a nos guía de usuarios da biblioteca, a traballamos nas sesións de formación de usuarios a partir de terceiro de primaria
https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:56ae7bf5-f1f4-45de-a475-251c786327da
E TI QUE TE CONTAS? Nós en novembro contamos cousas sobre ciencia.
Na última semana de novembro, todo o cole converteuse en científicos e científicas, en infantil inflaron globos sen soplar e apagaron unha vela facendo vacío.
Primeiro e segundo fixeron exposicións de científicas relacionadas co universo, mostraron cunha maqueta propia o movemento de rotación, o ciclo da auga e tamén algunhas das constelacións.
O alumnado de terceiro explicou o fluido non newtoniano, mostrou o que pasa cando metes un ovo en vinagre, fixeron o experimento do vaso que bebe e para rematar un circuito eléctrico.
Os compis de cuarto explicaron a tensións superficial cunha moeda, un clip e tamén con pementa. Tamén mostraron a inversión óptica e a absorción con calor.
E por último, os maiores do cole, quinto e sexto de primaria, explicaron e mostraron os efectos do aire quente, o crecemento do mofo e as características da auga.
Foi unha experiencia xenial!!
No mes de setembro visitounos Linda, a nai de Luna e Isaac, leunos 3 contos en francés, e grazas a ela aprendimos como dicir algúns animais, cores e froitas na súa lingua. Pasámolo moi ben!
Bo día amiguiños e amiguiñas, como xa sabedes, o venres conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares, todo comezou cunha carta que recibimos nas aulas de Anina e máis Carozo, nela nós retaron a resolver unha serie de probas para poder acceder a biblioteca, fixemos pareados, montamos puzzles, ordeamos títulos de libros, buscamos libros e tamén corrimos moito moito por todo o cole para ser os primeiros en atopar e resolver as probas.
Pasámolo moi pero que moi ben.
Vós recordamos que dende xa, está aberta a biblioteca polas tardes, de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00, agardámosvos!!