Amosando publicacións coa etiqueta Contos solidarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos solidarios. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de novembro de 2018

Contos con pegada

Que ben o pasamos a pasada semana na biblioteca con Bea Campos e Manuel Pombal que viñeron a contarnos seis marabillosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos.


Contos para escoitar, para divertirse e para aprender a ser solidarios e solidarias...




Bebés nacidos en diferentes partes do mundo



O traballo colectivo, a convivencia e a natureza



O elefante que nos ensina a aceptar as diferenzas



 Sobre a importancia das cousas sinxelas

 

Unha reflexión divertida sobre a tolerancia e o racismo



 Para falar do altruismo, a xenerosidade e o valor das cousas






 

Contos con pegada 2018 by Slidely Slideshow




Moitas grazas Bea e Manuel
 por achegarnos de forma tan divertida 
contos para un mundo mellor! 

martes, 16 de xaneiro de 2018

A Galiña Roxa: cociñamos galletas

Este conto solidario que tanto nos gustou, animounos a poñernos coas mans na masa. Aquí non había nin cans lacazáns, nin gatos dormilóns nin patos barulleiros, senón que todas e todos colaboraron.

                           

Igual que a  Galiña Roxa, o alumnado de educación infantil traballou arreo para elaborar galletas coa axuda das profes Verónica e Natalia e o profe Alberto.

 
Fruto do seu traballo sairon unhas galletas deliciosas coas que agasallaron á familia.





Grazas Vero pola túa colaboración e grazas tamén a  Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán que nos cedeu o seu local para ir alí a cocer as galletas no seu forno.


Elaboración de galletas by Slidely Slideshow

luns, 30 de outubro de 2017

IMPÓRTANOS

Continuando coa celebración do Día da Biblioteca estiveron na nosa biblioteca Bea Campos e Paulo que viñeron a  contarnos cinco fermosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos .

Foi unha xornada xenial, porque na biblioteca ademais de escoitar contos tamén podemos aprender a ser solidarios e solidarias e podemos divertirnos.





Os contos foron...

A arbóre da escola 



Wonder. Todos somos únicos



A galiña roxa



Sapo y el forastero



¿Dónde viviré?



E como non podía ser doutro xeito... rematamos a celebración bailando!






Contacontos con pegada 2017 by Slidely Slideshow