Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2017

21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, DOS BOSQUES E DA SÍNDROME DE DOWN

Hoxe 21 de marzo é unha data para a celebración, para a reivindicación e para a concienciación. 


Célebrase o Dia da poesía, e nós en homenaxe a Gloria Fuertes sacamos os seus libros dos andeis da biblioteca para que os degustedes nestes días.

 

 
  "Los niños que leen poesía se aficionan a la belleza del lenguaje y seguirán leyendo poesía toda su vida"


Tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down. Porque a causa máis frecuente é un cromosoma de máis no par 21 (Trisomía 21), porque marzo é o mes 3 do ano e o máis importante; porque é necesario concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a realidade das persoas con síndrome de Down.



Estades convidadas e convidados a pasar pola nosa cociña e coñecer a David e a Paulo, os protagonistas destes contos.


Para rematar, non queremos esquecernos do Día Internacional dos Bosques   porque sen eles a vida no noso planeta non sería posible.



 


 Neste vídeo podedes ver en menos de 3 minutos a vida dun bosque caducifolio durante 15 meses. O autor é Samuel Orr que desde a ventana da cabaña onde vivía, situada nunha  reserva natural de EEUU, tomou máis de 40.000 fotografías para amosarnos o ciclo vital dun bosque con todas estacións, as cores e os sons.

 
a Forest Year from motionkicker on Vimeo.

venres, 16 de decembro de 2016

ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES

Este ano 2016 que xa está a rematar, foi declarado Ano Internacional dos Legumes por parte da Organización das  Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura,
FAO

O seu  obxectivo é sensibilizar á poboación sobre as vantaxes nutricionais dos legumes e os seus beneficios no ámbito económico e ecolóxico.








Se picades na seguinte imaxe podedes acceder ao cómic de FAO Kids onde aprenderedes moitas máis cousas sobre os legumes e os seu beneficios.

http://www.fao.org/3/a-i6487s.pdf





domingo, 8 de maio de 2016

HAI QUE MOLLARSE!

Co fin de fomentar a capacidade crítica e o respecto ao medio ambiente, as actividades promovidas pola bilbioteca no terceiro trimestre xirarán arredor da contaminación, a ecoloxía e o coidado do entorno.

O alumnado de 3º  como tarefa elaborou un cartel para a recollida de móbiles no centro e no barrio e así participar na campaña MOVILizate por la selva do Instituto Jane  Goodall 


O cartel elixido pola clase foi o de Xiana porque cumplía todos os requisitos: un eslogan fácil de lembrar, un pequeno texto que convenza e imaxe que a primeira vista indique o que queremos.



Os puntos de recollida de móbiles:
  • O noso centro
  • O supermercado  Onda en Candeán
  • O bar de Chin en Candeán
  • A Asociación Cultural e Veciñal de Candeán
  • O CEIP Eduardo Pondal en Sampaio.
  • O bar Princesa no Casco Vello de Vigo 
Se conseguimos máis de 30 podemos solicitar a recolllida de balde no centro e as rapazas e rapaces de 3º poderán apadrinar un chimpancé.




Un gran traballo en equipo de documentación, reflexión e elaboración que podedes ver no blog da súa aula picando no seguinte enlace: 
http://coaxanelaberta.blogspot.com.es/p/pdi-ardora.html