mércores, 12 de maio de 2021

Conta contos telemático do IES Carlos Casares



Levamos varias sesións, en distintos días das últimas semanas, desfrutando dos contos que, telemáticamente, a través da aplicación "Falemos", nos ten contado o alumnado de 1º de ESO do IES Carlos Casares: moitos deles son ex alumnos e ex alumnas do noso centro!

Se o mércores 21 de abril foi a quenda para 5º e 6º de Primaria, onde incluso nos fixeron unha visita virtual polo seu IES para amosarlles aos nenos e as nenas de 6º EP como será o seu Instituto o curso que ven; este mércores 28 foi a quenda do alumnado de 3º e 4º de EP cunha sesión onde nos contaron tres contos:

- Tú eres el cielo azul;

- ¿Qué haces con un problema? e

- Escarlatina

Engadimos tamén as fotos da sesión do martes 11 de maio, onde o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de EP asistiron ao seu conta contos virtual nas suas aulas!