venres, 28 de setembro de 2018

NESTA ESCOLA PINTAMOS TODOS E TODAS

Desde a biblioteca dámosvos a benvida ao curso 2018/2019, especialmente ás familias das nenas e nenos que se incorporaron este ano. O Proxecto de traballo que imos desenvolver ao longo destes meses xirará ao redor do centro de interés da Arte.




A biblioteca será o mecenas que impulse a experimentación, a investigación, a creatividade e o pensamento crítico. Queremos converter a biblioteca nunha factoría de aprendizaxes onde crear e compartir o aprendido.





Nesta escola pintamos todas e todos, polo que vos convidamos a que compartades con nós experiencias e coñecementos. 




Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e ver como se vai desenvolvendo o proxecto.


            


Para comezar esta aventura precisamos que lles botedes unha man e que nos acheguedes a vosa creación de Candeanina, que pode ser vista desde diferentes interpretacións artísticas: picassiana, daliniana; de estilo cubista, realista, impresionista… Lembrade que tedes de prazo ata o luns 16 de outubro!!

Por último, non vos esquezades que a biblioteca estará aberta de luns a venres en horario de 16:00 a 17:00 horas.

Moitas grazas pola vosa colaboración e... Mans á obra”!