luns, 25 de xuño de 2018

Modulando ondas na biblioteca

O noso Proxecto Planeta Platurno non puido ter un final mellor.



Paulo Pascual, o modulador de ondas,  viu á nosa biblioteca desde o Planeta Theremin  para contarnos cousas moi interesantes sobre o theremin, ese "instrumento máxico que se toca acariñando o aire". 



A introdución foi co alumnado de 6º de primaria, que preparau co profe Victor un  tema da banda sonora de Star Wars.




E así foi, con moita concentración e acariñando o aire, como nos ofreceu un fermoso concerto. 





Moitas grazas Paulo,  

longa e próspera vida!