mércores, 19 de decembro de 2018

Exposición dedicada a Candeanina

Cando comezamos o PDI Mans á obra, queríamos que as familias estivésedes con nós desde o primeiro momento, porque como sabedes, nesta escola pintamos todas e todos. Por esa razón, propuxemos que en familia, nos achegárades a vosa visión de Candeanina.





E, como non podía ser doutro xeito, chegaron unha chea de obras de arte inspiradas en Candeanina.




Así que nos puxemos mans á obra e coa colaboración do alumnado axudante de biblioteca comezamos a organizar a exposición Candeanina, a nosa musa.

Precisabamos etiquetar os cadros, darlle título e nomear a técnica. Axudamos na tarefa ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria.




O alumnado de educación infantil encargouse de realizar o cartel para a expo.


Despois, dunha pequena investigación sobre a diferencia entre un museo e unha galería de arte; exposición permanente e temporal; cartelería e información que a acompaña... fixemos  

 o díptico




a invitación ás familias



e montamos a exposición


Botounos unha man Jose Luís, o conserxe
grazas!







Grazas tamén ás familias por colaborar con nós
 e ser parte deste proxecto!

E inauguramos cos máis pequenos e pequenas do cole...