luns, 4 de decembro de 2023

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 E TI QUE TE CONTAS? Nós en novembro contamos cousas sobre ciencia.

Na última semana de novembro, todo o cole converteuse en científicos e científicas, en infantil inflaron globos sen soplar e apagaron unha vela facendo vacío.

Primeiro e segundo fixeron exposicións de científicas relacionadas co universo, mostraron cunha maqueta propia o movemento de rotación, o ciclo da auga e tamén algunhas das constelacións.

O alumnado de terceiro explicou o fluido non newtoniano, mostrou o que pasa cando metes un ovo en vinagre, fixeron o experimento do vaso que bebe e para rematar un circuito eléctrico. 

Os compis de cuarto explicaron a tensións superficial cunha moeda, un clip e tamén con pementa.  Tamén mostraron a inversión óptica e a absorción con calor. 

E por último, os maiores do cole, quinto e sexto de primaria, explicaron e mostraron os efectos do aire quente, o crecemento do mofo e as características da auga.

Foi unha experiencia xenial!!

 





















mércores, 29 de novembro de 2023

25N

O venres con motivo do 25N, e baixo o lema do nóso PDI: E ti que te contas? fixemos un mural colaborativo, onde todas as clases reflectimos unha mensaxe.


Non te cales, cóntao. 

Liberdade.

Estou contigo...


Nin unha menos!!!

016 CHAMA

luns, 27 de novembro de 2023

CONTACONTOS EN FRANCÉS

No  mes de setembro visitounos Linda, a nai de Luna e Isaac, leunos 3 contos en francés, e grazas a ela aprendimos como dicir algúns animais, cores e froitas na súa lingua. Pasámolo moi ben!







mércores, 15 de novembro de 2023

CLUB DE LECTURA

O luns deu comezo o club de lectura cos nenos e nenas voluntari@s de 5º e 6º de educación primaria. O primerio libro escollido é unha biografía, agardamos que a disfruten. Seguro sairán uns grandísimos lectores.



martes, 31 de outubro de 2023

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Bo día amiguiños e amiguiñas, como xa sabedes, o venres conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares, todo comezou cunha carta que recibimos nas aulas de Anina e máis Carozo, nela nós retaron a resolver unha serie de probas para poder acceder a biblioteca, fixemos pareados, montamos puzzles, ordeamos títulos de libros, buscamos libros e tamén corrimos moito moito por todo o cole para ser os primeiros en atopar e resolver as probas. 

Pasámolo moi pero que moi ben.

Vós recordamos que dende xa, está aberta a biblioteca polas tardes, de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00, agardámosvos!!



mércores, 14 de xuño de 2023

From book to screen

Aquí vos deixamos un proxecto desenvolvido polo alumnado de 4º de primaria na aula de inglés.

Partindo la lectura do libro "The Kindness Bear Shared" elaboramos un guión coas diferentes escenas que convertimos en "sketches" moi breves. Finalmente dramatizamos os diálogos, gravamos e editamos.

Aquí vos deixamos: "Do libro á pantalla":



martes, 13 de xuño de 2023

SAÍDA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

 A semana pasada, os grupos de 1º e 2º de educación primaria visitaron a biblioteca Xosé Neira Vilas. 

Alí lles explicaron o funcionamento da biblio e contáronlles unha che de curiosidades sobre o sistema solar.

Foi unha experiencia moi interesante!







mércores, 24 de maio de 2023

VISITA DE CHUS LAGO

Hoxe recibimos no cole a Chus Lago, alpinista, exploradora, escritora e política galega.

Contounos unha chea de cousas sobre as súas expedicións a Antártida, Everest, Kenia, Andes... entre outas.

Contamos ca colaboración do alumnado para simular algunhas das exploracións máis antigas, pásamolo moi ben e descubrimos unha chea de cousas. 









venres, 19 de maio de 2023

VISITA DE SABELA FERNÁNDEZ

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo o pracer de recibir a visita da autora Sabela Fernández, xa que estivemos a ler o conto: Que queres ser de maior pequena?

Ademais de falar sobre o libro, fixemos uns xogos, todos eles de imaxinar como: Que ocorrería si?, 

Dicionario fantástico...

E para rematar asinou todos os libros, que ben o pasamos!






mércores, 17 de maio de 2023

PET THE CAT. I LOVE MY WHITE SHOES.

 PET THE CAT. I LOVE MY WHITE SHOES.

Hai uns días na biblioteca do cole o alumnado de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria disfrutou dun contacontos en inglés da man das nenas e nenos de 3º.

Despois de traballar a lectura e aprender o textona aula, animáronse a contarllo aos máis cativos, axudados de xestos e coa participación da nosa auxiliar de conversa Eilidh, que ata nos acompañou ca guitarra!







venres, 28 de abril de 2023

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

 ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

Onte o alumnado de 3º e 4º de primaria recibiu a visita de María Canosa e disfrutaron dunha lectura "As pombas de Sebastián", puideron acercarse máis a obra e disfrutar do punto de vista da propia autora.





mércores, 26 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebremos todos xuntos na bilioteca o día do libro co visionado das recomendacións lectoras que fixo cada curso do cole.

Ademais ao longo da semana estamos facendo o feirón solidario do libro. A través desta iniciativa podemos levar ata tres libros para casa e as familias que queiran poden contribuir voluntariamente cun kilo de comida que despois será doado ao banco de alimentos.

Se queredes ver o video coas recomendación que fixo cada grupo, clicade no noso Bookflix:

Tamén podedes acceder á galería de imaxes do visionado do Bookflix aquí, que rematamos cantando: