luns, 4 de decembro de 2023

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 E TI QUE TE CONTAS? Nós en novembro contamos cousas sobre ciencia.

Na última semana de novembro, todo o cole converteuse en científicos e científicas, en infantil inflaron globos sen soplar e apagaron unha vela facendo vacío.

Primeiro e segundo fixeron exposicións de científicas relacionadas co universo, mostraron cunha maqueta propia o movemento de rotación, o ciclo da auga e tamén algunhas das constelacións.

O alumnado de terceiro explicou o fluido non newtoniano, mostrou o que pasa cando metes un ovo en vinagre, fixeron o experimento do vaso que bebe e para rematar un circuito eléctrico. 

Os compis de cuarto explicaron a tensións superficial cunha moeda, un clip e tamén con pementa.  Tamén mostraron a inversión óptica e a absorción con calor. 

E por último, os maiores do cole, quinto e sexto de primaria, explicaron e mostraron os efectos do aire quente, o crecemento do mofo e as características da auga.

Foi unha experiencia xenial!!