O 30 de xaneiro conmemorase o día escolar da paz e da no violencia, como entendemos que non se trata só de celebrar esa data , dende a volta das vacións de Nadal comezamos a traballalo. Na biblioteca fixemos una escolma de libros con esa temática e os expusimos no corredor, para que os foran collendo en préstamo ou para ler no cole.
Os de
5º e 6º de primaria prepararon contacontos interactivos para o resto do alumnado, como
vedes lles prestaron moita atención.
Os
de 4º de primaria fixeron un mural
colaborativo representando dous ordenadores (temática do noso PDI), onde nos próximos días o resto do cole irá colocando post-its con situacións de
“violencia” (virus) e as de “paz” (antivirus).