xoves, 27 de outubro de 2022

Día das bibliotecas escolares (24 de outubro)

A actividade que deu inicio á apertura da biblioteca, foi a inauguración da mesma.

Foi presentada a personaxe de Anina, como vehículo conductor de moitas actividades que se fan na biblioteca. Esta personaxe funcionou como elemento motivador, grazas ao cal, cada curso compuxo unha historia que a situaba nun lugar determinado, para, deste xeito, traballar a noticia como elemento de prensa que é un medio de comunicación, que estamos traballando no noso PDI.

Por outra banda, esta actividade supón unha invitación á lectura, de presentación do espazo reestructurado da biblioteca, de reparto de carnets de novos lectores, recordo  das normas, presentación de propostas no marco evocador onde os libros invitan a soñar.

Podedes ver aquí todas as fotos da actividade:

E o noticieiro que fixeron entre todos:


 

Por último o alumnado de 5º e 6º tiveron unha presentación das tarefas de voluntariado de biblioteca. Despóis de coñecer os cometidos os que quixeron se presentaron voluntarios.