xoves, 28 de abril de 2022

Día do Libro - 23 de abril do 2022


Este ano polo día do libro todo o alumando e todo o persoal que traballa no noso centro pintou o seu libro favorito nunha camiseta de cor branca.








 

En primeiro lugar, o alumnado escolleu o seu libro favorito e pintaron as camisetas brancas que lles enviaron as familias (moitas grazas familias pola vosa colaboración!)













Despois cada alumno ou cada alumna preparou un pequeno texto para falar a compañeiros de outras clases sobre porque escollera esa camiseta!





















Hoxe, día 28 de abril, todos e todas nos pusemos as nosas camisetas decoradas cos nosos libros favoritos para contarlle ao resto do cole cal era o noso libro favorito!

















































































Finalmente, penduramos todas as camisetas no patio cuberto do cole: qué bonitiñas quedaron!