Hoxe queremos dar a coñecer dende o blog os materiais para o ensino que ven de publicar na súa web a AGAL: carvalho2020.gal
Como se nos di na propia presentación da unidade didáctica esta "pretende aproximar a figura de Carvalho Calero ás alumnas e aos alumnos do ensino infantil e primario para coñecer aspectos da súa vida e da súa proposta ortográfica".
A pequena gran novidade é que a AGAL ven de publicar esa mesma únidade didáctica usando o idioma galego co sistema ortográfico do portugués. Como xa temos visto neste blog: o galego e o portugués son mesmo próximos. E de feito: Carvalho Calero é unha das figuras históricas que defendeu a idea de que o galego e o portugués son variantes dunha mesma lingua.
Se queredes acceder as actividades da unidade didáctica de Carvalho Calero no galego/portugués: premede aquí ou sobre a seguinte imaxe!