Como podedes encontrar na súa páxina estes son os seus obxectivos (están na súa páxina tamén!)
- Dar recomendacións para que as nosas fillas e fillos teñan hábito lector e dar pautas para converterse en familias comprometidas coa lectura.
- Coñecer e asesorar sobre libros interesantes e atractivos tendo en conta os grupos de idade e prestando especial atención á produción editorial galega
-Coñecer libros axeitados que nos axuden a resolver conflitos, coñecer o mundo e mellorar a convivencia
- Ensinar a contar contos, recitar rimas e poesías facendo uso ou non doutros recursos (musicais, visuais, etc.).
- Ensinar a compartir e comentar as lecturas das súas fillas e fillos.
- Crear contos a partir da improvisación ou de experiencias próximas.
- Ensinar a xestionar unha biblioteca familiar e crear un espazo axeitado para a lectura.
- Ofrecer recursos e ideas para facer da lectura un xogo, unha aventura en familia.
Deixamos unha imaxe coa programación... Premendo sobre ela vos leva a páxina da que tiramos a información.