mércores, 6 de maio de 2020

Candeanina vai ao teatro.

Non o perdades: podevos apuntarvos con Candeanina: hoxe vai ao teatro!

Na páxina web educativa da Afundación temos dispoñible en aberto a obra de teatro, para disfrutar en familia, de "Gaia" pola Compañía Entremans.



Aínda vos podemos deixar tamén o enlace con un manual para as familias e unha guía didáctica para arpender moito e desfrutar todavía máis da obra!




A maiores queremos tamén deixar por aquí un enlace para a Teatroteca, dependente do Ministerio de Cultura, onde, alén de moitas obras de distinto tipo, hai toda unha sección de obras para público infantil.



Por último, a editorial Oqueleo (de Santillana) nas actividades para as familias que nos propón no mes de abril ven de editar un caderno de actividades no que o tema principal é o teatro: estamos de sorte!