luns, 11 de maio de 2020

Candeanina estuda astronomía a partir de casa

Despois do conto sobre a Lúa de Bea Campos; despois de ver a peli de debuxos de Neil Armstrong; Candeanina ten de admitir algo: ficou mesmo interesada en todo o que ten que ver co espazo exterior: coa astronomía, a Lúa e os planetas...

O primeiro sitio que vos quere recomendar se a vos os pasou o mesmo é a Aula de astronomía de Fuenlabrada. Nela podedes encontrar fotos, vídeos e exercicios para estudar astronomía dende as vosas casas... Se pulsades sobre a foto vos levará a páxina da aula... Hai materiais para alumnado de Infantil e para alumnado de Primaria... 



Candeanina ainda ten tempo para recomendarvos unha outra páxina: a do Planetario Galileo Galilei de Bos Aires en Arxentina.

Premendo nas imaxes iredes aos dous lugares do Planetario onde hai actividades para crianzas.