martes, 5 de febreiro de 2019

Xóvenes para xóvenes

Coincidindo coa celebración do Día da Paz, no mes de xaneiro a A Fundación Helsinki, que traballa desde 1992 polo respecto e a defensa dos Dereitos Humanos, en colaboración coa Universidade de Vigo, desenvolveu un programa de formación "Xóvenes para Xóvenes" na nosa escola.





Os temas que trataron, escollidos polas titoras de cada curso, concretáronse nos seguintes:

  • Que son os Dereitos Humanos.
  • Integración. Non discriminación por raza, o país de orixe. Igualdade na diversidade.
  • Resolución pacífica de conflitos: empatía.
  • Obxectivos de desenvolvemento sostible a través da arte.
 En 1º e 2º de primaria impartiron o obradoiro Aida, diplomada graduada en educación primaria e Emilio, musicólogo.




As encargadas de impartir o obradoiro en 3º, 4º e 5º de primaria foron Teresa e Yara, graduada en Filoloxía Galega e estudantes do Master de profesorado.



Cristina, estudante de Química e Belén, graduada en Relacións Internacionais levaron a cabo as sesións co alumnado de 6º de Primaria






Xovenes para Xónvenes- by Slidely Slideshow


Moitas grazas xóvenes pola vosa colaboracíón 
e parabéns polo traballo