lunes, 14 de mayo de 2018

Obradoiro de foguetes con Ciencia en Ruta

O pasado mércores pasamos un estupendo día de aprendizaxe  con Antonio e Juan de Ciencia en ruta . Con eles construímos en equipo o noso foguete, e o enviamos ao espazo coa súa lanzadeira espacial.



Na primeira parte do obradoiro con Isaac Newton introducímonos nas principais leis físicas e achegámonos  ao coñecemento dos vehículos e das viaxes espaciais.



A continuación construímos os foguetes en equipo seguindo as indicación de Antonio e Juan. 




E finalmente, no patio lanzamos os nosos foguetes.




Se vedes o vídeo ata o final comprobaredes, que si, que despegaron e de que forma!!





Un fantástico día no que aprendimos moitísimo 
e o pasamos fenomenal!!