domingo, 14 de maio de 2017

MARCOPOLA CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado venres o comiqueiro Jacobo Fernández Serrano estivo na nosa biblioteca. Foi unha xornada fabulosa chea de aplausos espontáneos ao ver como nos debuxaba a Libro, a Dragoneta e a Blake the Tiger, personaxes de Marcopola.



Tamén tivemos a oportunidade de ver a portada orixinal de Avoa Power e outras ilustracións que realizou para  libros como Mil cousas poden pasar ou como as que fixo para o libro de Manuel Rivas O raposo e a mestra.


Contounos ademais que a súa nai fora profesora do noso cole. Todo un luxo do que estamos moi agradecidas e agradecidos.



Grazas Jacobo pola túa visita!




Visita Jacobo Fernández Serrano Música A Gramola Gominola by Slidely Slideshow