domingo, 3 de abril de 2016

Traxe de salvamento

No primeiro andar, xunto á biblioteca, temos un traxe de salvamento marítimo xunto con algunhas das súas características:




  • É un traxe para home ou muller con estaturas de entre 1,50 metros e 2metros e peso entre 50 e 120 quilos.
  • Permite estar ata 6 horas na auga a 5 grados de temperatura.
  • No pescozo e na parte alta da espalda ten unha axuda flotante para manter a cabeza fóra da auga.
  • Ten ¨reflectantes" que brillan cando lles dá a luz e así poder localizar á persoa que está na auga.
  • Tecido de neopreno, que impide que o corpo perda calor.
  • Ten unha luz para que se vexa a persoa pola noite.
  • As manoplas son de neopreno. Son así para manter xuntos os dedos e que non se arrefríen.



No seguiente vídeo podedes ver o rescate, con ondas de 9 metros e ventos de forza 8, de Salvamento Marítimo que no pasado mes de xaneiro salvou aos 22 tripulantes do cargueiro "Modern Express" a 148 millas Norte de Cabo Ortegal.