martes, 8 de decembro de 2015

A mensaxe dos peques de Sampaio

Despois de atopar a botella o día da saída ao Museo do Mar, as nenas e os nenos de 5º e 6º de Infantil quedaron cheos de dúbidas. Non sabían quen podería ser ese señor chamado Xulio que escribiu a mensaxe, nin onde estaría ese taller onde había un submarino e a donde  levou o seu iate a reparar. 


Displaying 20151202_140007.jpg

Ata que tiveron unha fantástica idea: lle pedirían axuda ao nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal, así que decidiron enviarlle a súa mensaxe nunha botella.




Pois hai uns días recibimos resposta á nosa mensaxe. Non tiña letras nin números como a que lle enviamos nós. Toda unha incógnita...



Ata que a profe Pili nos dixo que se chaman códigos QR e nos descubriu o seu funcionamento.






Co seu teléfono e o código QR  atopamos fotografías de  Xulio Verne, o Nautilus e Ardora.



Grazas peques de Sampaio por colaborar con nós!!