sábado, 24 de outubro de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca e nós aproveitamos o día anterior para inaugurar oficialmente a nosa biblioteca e facer entrega das mochilas viaxeiras e os carnés ao novo alumnado do cole.


Este ano celebrámolo cunha busca do tesouro, todo o cole foi por un día a tripulación dun barco e xuntos buscamos o tesouro en equipos formados por nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria. 


Os maiores coidaron e axudaron en todo momento aos máis pequenos, resolveron as probas e atoparon ao capitán do barco. Alí resolveron as súas cuestións e recibiron un libro de Julio Verne a cambio. 

Moitas grazas Jose por colaborar con  nós!!



As probas remataron recitando uns versos ou un pequeno texto dos autores e autoras que lles corresponderon.


E por fin o tesouro... unhas moedas de ouro!!

Ao final visionamos  Mares de Ardora, un momento de pouco máis dun minuto onde todo o alumnado do colexio compartiu o silencio na biblioteca...



Para rematar un pouco de música e festa que estabamos de celebración.


Moitas grazas profe Nuria pola túa actuación!!