domingo, 27 de setembro de 2015

BENVIDAS E BENVIDOS

Benvidas e benvidos un curso máis ao blog da biblioteca, en especial aos nenos e nenas de 3 anos que se incorporan por primeira vez ao cole e as súas familias.

Ilustración de Jon Reinfurt

Como vedes, Candeanina ten imaxe renovada porque queremos que non so vos rodeedes de libros, senón tamén que sexa un lugar para se informar e investigar; para pensar e crear; para compartir e divertirse. 

Saúdos con arrecendo a mar!!