xoves, 4 de xuño de 2015

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente  celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).




Con esta celebración preténdese fomentar un cambio de actitude  cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

Desde a biblioteca queremos sumarnos á campaña e concienciar á sociedade, é dicir, a nós mesmos, da necesidade de coidar e protexer o medio ambiente.


O lema do Día Mundial do Medio Ambiente deste ano é Sete millóns de soños. Un so planeta. Consume con moderación.


O futuro do planeta está nas nosas mans, axudémolo, porque o planeta terra somos nós!!





As persoas seguimos consumindo moitos máis recursos dos que o planeta pode proporcionar. 

Sabíades que o sector da gandeiría emite máis gases de efecto invernadoiro que o sector do transporte en todo o mundo? Por iso, aínda que  vos pareza raro, reducir o consumo de carne pode contribuir á loita contra o quecemento global porque a cría de gando provoca emisións de gases de efecto invernadoiro, deforestación e outros problemas medio ambientais.





Por iso, e moito mais non desperdicies os alimentos...




Tampouco vos esquezades do mar



Un conto dunha princesa en apuros que fala do quecemento global



Una Princesa en Apuros / Princess in Trouble from Flacso Argentina on Vimeo.




Mirade como os animais salvan o planeta, é moi divertido!! 





Mensaxe da Nai Naturaza


















Os humanos temos un tesouro que ás veces non coidamos e nunca imaxinamos que  se pode esgotar...







Temos nos corredores do noso cole contenedores onde reciclar así que non vos esquezades das tres R!!



    Xoga e recicla con Caillou


Como sabemos que vos gusta a música, deixámosvos cunha canción con moito ritmo e moita mensaxe!!