xoves, 4 de decembro de 2014

Candeanina recomenda ir ao Culturgal

Mañá comeza no Pazo da Cultura de Pontevedra o  Culturgal, unha feira onde atoparedes unha chea de propostas para toda a familia, incluso hai un espazo con actividades para os bebés!

Son tantas as actividades que hai programadas que mellor que premades na imaxe e sexades vós  quenes  decidades o que vos parece máis interesante. 
                                           




Consultamos o programa para nenas e nenos e polo que parece non hai espazo para o aburrimento: contos, música, teatro, libros, obradoiros...


Na biblioteca xa temos algúns dos libros e da música das editoriais convidadas, pero como queremos estar ao día, tamén imos botar un ollo para traervos novidades.


Por certo, díxonos un paxariño que o profe Nardo vai estar actuando o domingo pola mañá con Cantares de Brión!!