martes, 21 de outubro de 2014

Martín Gardner

Hoxe cúmprese o centenario do nacemento de Martín Gardner (1914-2010), divulgador científico e filósofo moi popular polos seus libros de matemática recreativa.

“Os científicos e os que escriben sobre ciencia teñen a obriga de denunciar os erros da falsa ciencia, sobre todo no campo da mediciña” 

 

 Colaborador da revista Scientific American entre 1957 e 1989 fixo que as matemáticas foran moito máis atractivas para milleiros de persoas grazas a súa sección sobre xogos matemáticos.
Ten máis de 70 libros publicados, a maioría de  divulgación científica e matemáticas pero tamén escribiu sobre filosofía e pseudociencia debido a súa preocupación por esclarecer fraudes en relación coa ciencia.

                                     martin-gardner.org    

No seguinte arquivo atoparás exercicios que te permitirán desenvolver o teu pensamento matemático. Adiante!!