luns, 29 de abril de 2013

APADRINAMENTO LECTOR I.E.S. CARLOS CASARES

   O xoves 25 de abril, e como remate das actividades programadas dentro do "Mes do Libro", o alumnado de E.I. e de 1º curso de primaria viviron unha xornada moi especial grazas a 28 rapazas e rapaces de 2º da ESO do IES do I.E.S. Carlos Casares. 
   Chegaron cargadiños de contos ("Cocorico", "O coelliño branco", "A ratiña presumida", A que sabe a Lúa", "Lobo feroz", "A cebra Camilia", "A tartaruga que quería durmir", "Croco", "Chibos, chibóns") que nos leron, escenificaron cunhas caracterizacións exquisitas e ata debuxaron. E así durante unha hora nos tiveron cos ollos abertos de sorpresa en sorpresa. 
   Moitaaaaasssss grazas a todas e todos polo voso marabilloso traballo froito de moita adicación e á profe Bea a nosa NORABOA polo entusiasmo que desprende o seu bo facer. A todos en xeral, pola boa organización. Só queda engadir: VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!  
   P.D.: Foi un pracer ver de novo por aquí a Nayara, Marta, Nuria e Martín, os nosos exalumnos.